PÁXINA EN BRANCO
domingo, 23 de agosto de 2015
O 1 de setembro iniciei esta páxina en branco que é a miña xubilación, unha xubilación pedida e desexada e non porque non me sentira feliz no meu centro escolar senón porque é importante pechar etapas e abrir outras novas. Seguirei ligada ao ensino coas Escolas Asociadas á UNESCO, aportando a miña axuda e a miña experiencia cando sexa solicitada pero, ao tempo, terei tempo para encontrarme coas amigas e amigos en diferentes lugares, contribuir co meu esforzo a facer deste mundo un lugar mellor para todas e todos, levantar a miña voz contra a violencia machista, pintar, aprender a tocar a pandeireta, disfrutar de todas esas pequenas cousas que me fan feliz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)